Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

202 Solicitude de subvención para desenvolvemento de actividades no ámbito da educación 2023

alertaDende : 10/02/2023 - Ata : 10/03/2023
alertaCódigo SIA: 2844094

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades no eido da educación e todas as súas facetas que promovan as asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias , que poidan ser consideradas de interese educativo (promoción do deporte, ocupación do tempo libre e promoción da cultura), dirixidas á comunidade educativa en xeral.

  1. Anexo I. Instancia individualizada que comprende:

    • Solicitude de subvención.
    • Número de conta da entidade.
    • Solicitude pago anticipado do 30 % da subvención concedida, de ser o caso.
  2. Anexo II. Declaración responsable que comprende:

    • As subvencións e/ou axudas obtidas ou solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, e o compromiso de comunicar ao Concello a concesión de calquera axuda ou subvención para a mesma finalidade.
    • Non ter pendente de xustificación, fóra de prazo, ningunha subvención co Concello de Pontevedra.
    • Non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria.
    • Que está ao corrente de pago das súas obrigas tributarias coa Axencia do Estado, coa Seguridade Social, coa Facenda da Xunta de Galicia, así como co Concello de Pontevedra e os seus organismos autónomos.
    • Que engadirá a imaxe oficial do Concello de Pontevedra en calquera documento xerado dende a acción subvencionábel.
  3. Anexo III. Orzamento de gastos da actividade que se solicita, detallando cada un dos conceptos.

  4. Anexo IV. Relación de ingresos da actividade que se solicita, detallando cada un dos conceptos.

  5. Proxecto coa descrición das accións que se pretende realizar, con especificación entre outros de: data, lugar de celebración, responsábel/beis do desenvolvemento da acción, obxectivos da mesma, poboación destinataria e número de beneficiarios da mesma, metodoloxía, etc.. así como calquera outra que poidan servir para a baremación dos expedientes.

  6. Certificado da entidade bancaria da conta á que se poderá transferir, de selo caso, o importe da subvención, a nome do/a solicitante da subvención.

  7. Certificados de estar ao corrente de pago das obrigas tributarias coa Axencia do Estado, coa Seguridade Social e coa Facenda da Xunta de Galicia.

Asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias, que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento.


Volver