Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

201 Xustificación de subvención para desenvolvemento de actividades no ámbito da cultura 2020

alertaDende : 20/10/2021 - Ata : 26/11/2021
alertaCódigo SIA: 2672290

Procedemento de xustificación de subvencións en réxime de libre concorrencia co obxecto de fomentar o desenvolvemento de proxectos ou actividades culturais que leven a cabo entidades e/ou asociacións no termo municipal de Pontevedra, atendendo a criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na súa concesión.

Xustificación subvención. Conta xustificativa (anexos I a IV)

  • Conta xustificativa. Anexo I . Solicitude de pagamento de subvención que comprende:

    - Memoria detallada das actividades realizadas (asinada)

    - Relación de facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.

    - Exemplar de toda a documentación impresa xerada pola actividade, que acredite a participación do Concello.

    - Certificados de estar ao corrente coas facendas estatal e autonómica así como coa Seguridade Social.

    - Número de conta bancaria para efectua-la transferencia do importe da subvención ou certificación bancaria do número de conta ao seu nome.

  • Conta xustificativa. Anexo II. Declaracións responsables que comprenderá:

    - Declaración responsable das subvencións e/ou axudas obtidas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, e compromiso de comunicar ao Concello a concesión de calquera outra axuda ou subvención para a mesma finalidade.

    - Declaración responsable de que as facturas que se presentan como xustificantes foron aplicadas á actividade subvencionada.

  • Conta xustificativa. Anexo III. Relación de gastos e relación de facturas que comprenderá:

    - Relación desagregada de cada un dos gastos realizados con motivo da actividade subvencionada

    - Relación de facturas e demais documentos con valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa

  • Conta xustificativa. Anexo IV. Relación de ingresos que comprenderá:

    - Relación desagregada de todos os ingresos ou subvencións que financian a actividade (fondos propios, subvención concedida e outras subvencións) acreditando o seu importe, procedencia e aplicación á actividade subvencionada.

Asociacións e entidades privadas, validamente constituídas sen ánimo de lucro, que estén debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento.


Volver