headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

910 Solicitude autorización paso vehículos elevada tonelaxe

Mediante este procedemento, poderá solicitar autorización de paso de vehículos de elevada tonelaxe.

Aquelas persoas físicas ou xurídicas que pretendan o paso de vehículos de grande tonelaxe ( superiores a 8 Tm en estradas municipais, 10 Tm dentro do casco urbano, e 3,5 Tm no centro histórico, co gallo de realización de obras e/ou transporte de instalacións, materiais, etc ( deberán contar con licenza municipal ou comunicación previa, segundo os casos ). A solicitude deberá ser informada pola Policía Local, canto o Servizos Técnicos, debendo constituir cando así se determine, unha fianza que responda dos posibles danos causados ao patrimonio municipal

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

                  • Ficha técnica do vehículo

             

O paso deste tipo de vehículos precisará de autorización municipal, depósito dunha fianza ou garantía ( na maioría dos supostos ), e dispoñer dun título administrativo previo, ben licenza municipal de obras, ou comunicación previa de obras no seu caso.


Volver
Rexistro electrónico