headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

1205 Achega de xustificación de baixa temeraria

Mediante este procedemento poderá achegar xustificación documental da baixa temeraria requirida polo Servizo de Contratación.

Os licitadores que fosen requiridos polo Servizo de Contratación.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación SERVIZO DE CONTRATACIÓN Michelena 30, baixo 986804300 EXT 7260 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
SERVIZO DE CONTRATACIÓN Michelena 30, baixo 986804300 EXT 7260
Oficina Horario
SERVIZO DE CONTRATACIÓN De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Se a presentación é electrónica só se precisa a achega da documentación xustificativa da baixa xa que os datos personais serán os consignados na propia solicitude electrónica (que constarán no xustificante de rexistro), se a presentación é presencial (nos casos en que proceda) achegarase tamén un escrito onde se fagan constar os datos personais do solicitante


Volver
Rexistro electrónico