headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

908 Solicitude de ocupación de vía pública (Plataforma elevadora ou guindastre móbil)

Mediante este procedemento poderá solicitar a ocupación de terreos de uso público local con plataformas elevadoras ou guindastres móbiles.
  • As persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
  • Fotocopia do DNI e/ou da escritura de constitución da sociedade
  • Licenza de obras
  • Plano de situación
  • Esbozo descritivo, con indicación da exacta situación da instalación e dos metros cadrados da ocupación

No suposto de que a licenza de obras maiores se outorgara con base no proxecto básico, deberá achegarse a conformidade ó proxecto de execución

Pode descargar o modelo de solicitud editable premendo no seguinte enlace:

  • Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL).
  • Ordenanza reguladora fiscal reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, cascallos, valados, puntais, cabaletes, estadas e instalacións análogas.

Volver
Rexistro electrónico