headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

907 Achega de documentación complementaria ou requirida polo Servizo de Disciplina Urbanística

Mediante este procedemento poderá achegar documentación complementaria ou requirida polo Servizo de Disciplina Urbanística

Persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que desexen achegar documentación complementaria ou requirida en expedientes tramitados polo Servizo de Disciplina Urbanística.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
  • Modelo de formulario 907 debidamente cumprimentado.

Volver
Rexistro electrónico