É suficiente con que encha os campos solicitados no formulario web expresando con claridade o obxecto da solicitude, escrito ou comunicación ou pode achegar os modelos de solicitude normalizados determinados polo Servizo de Persoal para os diferentes procedementos que así o requiran, os cales poden atoparse na INTRANET do Concello de Pontevedra
Os empregados e as empregadas públicas municipais que dirixan unha solicitude, escrito ou comunicación ao Servizo de Persoal do Concello de Pontevedra.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de persoal | Michelena, 30 1º | 986804300 ext 7070 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de persoal | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
1) Idéntifiquese electronicamente.
Dende esta sede electrónica vostede deberá identificarse previamente mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante usuario e contrasinal (este último só para persoas físicas).
2) Escolla no catálogo o procedemento e acceda á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
3) Encha os campos solicitados e achegue documentación se é necesario.
4) Prema en enviar
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoal excluído da obrigatoriedade de presentar electronicamente)
Nas oficinas de rexistro, na dirección e horario que se indica abaixo, no apartado chamado “Oficinas de tramitación e presentación”, presentando o modelo de solicitude que se indica debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso.
Pode darse de alta na sede electrónica para acceder con usuario e contrasinal a través do seguinte procedemento: