Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

172 Solicitude de participación no proceso selectivo para a provisión de 1 praza de administrativo/a de administración xeral, quenda de promoción interna

alertaDende : 16/03/2024 - Ata : 04/04/2024
alertaCódigo SIA: 2710668

Proceso selectivo para a provisión de unha praza de administrativo/a de administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, da subescala administrativa da escala de administración xeral, quenda de promoción interna.

Para poder participar no proceso selectivo deberase presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de participación.

  • Copia do DNI.

  • Xustificante de pagamento dos dereitos de exame autoliquidados a través da sede electrónica do Concello de Pontevedra onde deberá constar o nome e apelidos do/a aspirante, así como a praza á que opta. A cantidade a aboar en concepto de dereitos de exame para prazas integradas no grupo C, subgrupo C1: 16,71 euros.

    Para obter o documento de autoliquidación que se deberá facer efectivo nas entidades bancarias que en este se indican ou a través da propia sede electrónica municipal, deberá acceder á sección Pagar taxas da Oficina Virtual Tributaria. A continuación elixa a taxa "EXPEDICIÓN DOCUMENTOS (OVT) - DEREITOS DE EXAME", introduza a data e descrición da praza e elixa o grupo correspondente ao proceso selectivo.

  • Xustificación dos méritos alegados de acordo coa base 4ª das bases específicas reguladoras da convocatoria (achegar xunto coa presente solicitude copia da documentación acreditativa dos méritos que aleguen entre os establecidos no correspondente baremo).

  • Para o caso de solicitar adaptación de tempo e/ou medios para realizar os exercicios: ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna as deficiencias permanentes que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido.


Volver
Rexistro electrónico