Fotocopia do dni do solicitante e escritura de constitución da sociedade, de ser o caso.
Título administrativo habilitante para o exercizo da actividade no local.
Plano de situación do local.
Fotografías da totalidade da fronte da fachada do local.
Esbozo detallado ( acotado ) da superficie que se pretende ocupar.
Esbozo do deseño dos veladores e demáis elementos que se queren instalar, de xeito que se aprece que non interfiren o acceso a portais de inmobles, ou impidan a visión de escaparates. A maires recollerá a perspectiva que van a ofrecer dende o fronte oposto da vía pública ou parque. Neste esbozo figurará a descrición e número de veladores a instalar.
Nota.- Para a instalación de veladores no Centro Histórico atenderase ao disposto no Plan especial de protección reforma interior e conservación do conxunto histórico-artístico (PEPRICA), que no seu art. 50.13 establece que “as mesas e cadeiras harmonizarán co ambiente do conxunto sendo obrigatoria a utilización de veladores de mármore con pé ou pés de ferro fundido e cadeiras deste material, autorizándose tamén mesas e cadeiras de madeira ou outros materiais acordes. Queda prohibida a utilización de veladores de plástico e as pérgolas e antucas en cores vivas; así como a colocación de propaganda publicitaria nos veladores”
Pode descargar o modelo de informe editable premendo no seguinte enlace:
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de Policía Administrativa, Vivenda e Servizos | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7290 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de Policía Administrativa, Vivenda e Servizos | De luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
A instalación de veladores na vía pública, esixirá a previa concesión/autorización por parte da Administración outorgante, así como o aboamento da taxa establecida na ordenanza fiscal.
Artigo 41 b) da Lei 9/2013, de 19 de decembro do emprendemento e a competitividade económica de Galicia
Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Normativa municipal: