Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o impreso 414C ANEXO VI Comunicación do remate das actuacións de rehabilitación, xunto coa seguinte documentación:
Certificación bancaria do número de conta ao seu nome.
De non ter autorizado ao Concello de Pontevedra para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberanse achegar as ditas certificacións de todas as persoas propietarias da/s vivenda/s.
Fotografías que mostren todas as obras executadas coa inclusión do cartel exterior coa imaxe corporativa do Plan vivenda e do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, a Xunta de Galicia e do Concello de Pontevedra.
Facturas das persoas provedoras que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición.
Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas.
Certificado final das obras, de ser o caso, asinado polo/a técnico/a director/a das obras.
Licenza de primeira ocupación, de ser o caso ou solicitude da mesma. No caso de presentar solicitude de primeira ocupación o pagamento da axuda condicionarase á obtención da mesma.
De non ter autorizado ao Concello de Pontevedra, volante de empadroamento de cada un dos propietarios das vivendas obxecto de rehabilitación ou volante de empadroamento da unidade de convivencia, no caso de destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente da persoa promotora por un prazo non inferior a 5 anos.
Contrato de arrendamento, de ser o caso. O pagamento da axuda condicionarase á presentación do contrato de arrendamento, quedando obrigado a destinar a vivenda a dito uso por un prazo non inferior a 5 anos.
Anexo de cesión do dereito de cobramento da axuda á persoa contratista das obras, de ser o caso.
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
A persoa solicitante promotora das obras ou a persoa representante.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | Rúa dos Ferreiros nº 28 | 986804335 ext 7593 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.