Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

135 Solicitude de alta no Padrón de Habitantes

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1877775

O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os datos contidos no padrón constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo

  • Folla de inscrición padroal debidamente cuberta e asinada (todas as follas, no caso das instancias non autocopiativas)
  • Fotocopia do documento que acredite a identidade das persoas inscritas (DNI, Pasaporte, tarxeta do estranxeiro en vigor, para cidadáns da Unión Europea o documento de identidade do seu pais e certificado do Número de identificación de estranxeiro e para os menores de 16 anos ademais, do libro de familia).
  • Fotocopia do documento que acredite o uso da vivenda (escritura de propiedade, contrato de compra-venda ou arrendamento en vigor, contrato ou factura expedida por compañía subministradora de telefonía fixa, auga electricidade, gas, etc…), preferiblemente algún documento onde se acredite a referencia catastral do inmoble (Recibo do IBI.)
  • Se se cumprimenta a autorización incorporada á solicitude deberase achegar fotocopia do DNI ou documento oficial identificativo do autorizante.

Nota: Prégase que as fotocopias sexan en tamaño A4 e por unha soa cara.

Instrucións para cumprimentar a solicitude de alta no Padrón de Habitantes:

- Indique con claridade todos os datos que corresponden a cada unha das persoas que se inscriben na folla.

- Non cubra os espazos sombreados.

- No cadro “Tipo de alta” deberá por:

  • Alta por nacemento: se é un nacemento recente.
  • Alta por cambio de residencia: se se traslada doutro municipio, neste caso deberá cubrir tamén o espacio do “municipio ou consulado de procedencia” e “provincia ou país de procedencia”
  • Cambio de domicilio: se modifica o seu enderezo dentro do mesmo municipio.
  • Alta por omisión: Aquelas persoas que descoñezan o seu municipio de procedencia ou ben non estiveran empadroados xamais.

No caso de que a presentación da solicitude de alta no Padrón se realice electronicamente deberase imprimir o formulario, cubrilo e asinalo por todas as persoas maiores de idade que solicitan a alta no Padrón, a continuación a persoa que realiza a presentación electrónica identificarase na sede a través dos sistemas indicados no apartado "Como facelo", con esta presentación a persoa está declarando que todos os datos contidos na solicitude son certos.


Volver
Rexistro electrónico