Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

134 Acceso á información

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1853364

Este Concello, para coñecemento dos cidadáns, publica na súa sede electrónica e/ou no seu sitio Web a información que prevé a Lei de Transparencia, acceso á información e bo goberno (LTBG).

Adicionalmente á información publicada, o cidadán poderá exercer o seu dereito de acceso. Este dereito garante a posibilidade de levar a cabo consultas sobre datos e información pública que só poderá ser limitado nos supostos que contempla a lei.

Para exercer este dereito de acceso poderá presentar a solicitude de información a través desta sede electrónica ou, presencialmente, no rexistro xeral do Concello.

Impugnación das resolucións relativas ao acceso do dereito á información.

Contra as resolucións ditadas en materia de acceso á información pública, as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, consonte ao disposto no artigo 20.5 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e artigo 46.1. da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Se o prefiren, con carácter previo ao recurso contencioso-administrativo, poderán optar por interpoñer unha reclamación perante a Valedora do Pobo, consonte ao disposto no artigo 24.6 da Lei 19/2013 e no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia.

Pode acceder ao Valedor do Pobo a través deste enlace http://www.valedordopobo.gal/es/

Modelo de solicitude de información debidamente cumprimentado.

Todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública, nos termos previstos no artigo 105.b) da Constitución Española


Volver
Rexistro electrónico