Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
1) Terán dereito a plantexar suxestións e reclamacións tódolos veciños e as persoas físicas vinculadas co Concello a través de relacións tributarias de carácter periódico, así como aquelas persoas xurídicas que teñan un establecemento permanente no termo municipal.
2) Tamén estarán lexitimados para presentar reclamacións as persoas físicas ou xurídicas, non residentes no Concello, que teñan interese lexítimo en procedementos administrativos relacionados co obxecto da reclamación.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Gabinete da alcaldía | Michelena, 30 3º | 986100185 ext 7104;7105;7103 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Gabinete da alcaldía | De luns a venres de 10:00 a 13:30 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último so válido para persoas físicas) e acceder a tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (so persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, na dirección e horario que se indica abaixo, no apartado chamado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Normativa municipal: