Cando asista á oficina de presentación para recoller a clave de acceso deberá presentar o DNI orixinal.
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Este procedemento resérvase exclusivamente para as persoas físicas que actúan en nome propio. As persoas xurídicas só poderán acceder a parte privada da sede mediante certificado electrónico.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 |
Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 |
Oficina | Horario | |
Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas Horario de verán (do 16 de juño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro o 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de obtención de usuario e contrasinal para relacionarse electronicamente co Concello de Pontevedra | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas Horario de verán (do 16 de juño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro o 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 |
ELECTRONICAMENTE
Accedendo á sede electrónica e identificándose usando algún dos sistemas admitidos por Cl@ve, cumprimentando a solicitude de alta e presentándoa no rexistro electrónico (pulsando o botón “rexistro electrónico” desta páxina).
O usuario e contrasinal remitiráselle mediante notificación electrónica á cal poderá acceder, previa identificación (usando algún dos sistemas admitidos por Cl@ve), na caixa de correos de notificacións da sede electrónica.
Se á solicitude electrónica se achega unha fotocopia do NIF da persoa interesada, poderá remitirse o usuario e contrasinal asignados á dirección que conste no citado documento.
PRESENCIALMENTE
Se non se dispón de DNIe ou certificado electrónico cumprimentando a solicitude de alta e presentándoo persoalmente na oficina de presentación indicada mais abaixo onde lle entregarán a súa clave previa presentación do DNI orixinal por parte do interesado.
Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Neste caso deberase acudir con posterioridade, persoalmente, a oficina de tramitación indicada mais abaixo con el DNI orixinal para que lle entreguen a sua clave.
Para acudir as oficinas indicadas presencialmente debe solicitar cita previa por internet ou por teléfono como se indica aqui
Posteriormente poderá cambiar a clave de acceso na propia sede electrónica en calquera momento editando o apartado “os meus datos persoais”.
As modalidades de acceso á sede electrónica do Concello son:
Para acceder aos contidos públicos:
Para acceder a parte privada que conten información persoal podense usar calquera destas duas modalidades indistintamente:
Para acceder a caixa se correo das notificacións electrónicas: