Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o formulario 408R ANEXO III Vivenda Solicitude de subvención, xunto coa seguinte documentación:
Copia do NIF ou NIE da/o solicitante e de todas as persoas propietarias da vivenda, e de ser o caso, da persoa representante.
ANEXO VIII, Documento acreditativo da representación, de ser o caso. Se o solicitante é unha persoa xurídica, pública ou privada, documentación acreditativa da súa constitución.
ANEXO VII, Autorización para a solicitude, xestión, tramitación e cobro da subvención, no caso de existir máis dunha persoa propietaria.
Documento acreditativo da titularidade da vivenda.
Acordo no que conste a conformidade de todas as persoas propietarias coa realización das obras e a solicitude de subvención, de ser o caso.
Contrato de arrendamento e acordo asinado coa persoa propietaria do inmoble onde conste a autorización para executar as obras e que a persoa arrendataria asume o custo destas, no caso de ser arrendatario/a dunha vivenda
Proxecto ou memoria técnica subscrito por técnico competente.
Reportaxe fotográfica antes do inicio da obra, tanto do interior como do exterior do inmoble.
Orzamento das obras detallado por unidades de obras e agrupado por capítulos con medicións e prezo. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía establecida na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (40.000 €), deberán achegarse tres orzamentos
Licenza, comunicación previa e/ou autorización para a execución das obras ou solicitude das mesmas.
ANEXO V. Comunicación do inicio das actuacións, e certificado de inicio de obras si as obras contan con dirección facultativa, no caso de obras iniciadas con anterioridade á solicitude da subvención.
Certificado de eficiencia enerxética das vivendas nas que se leven a cabo actuacións destinadas á mellora da eficiencia enerxética.
De non autorizar ao Concello de Pontevedra, certificación de cada persoa propietaria acreditativa do cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e/ou coa ATRIGA.
Ás persoas solicitantes que asuman a responsabilidade da execución integral das actuacións: as persoas usuarias legais, como propietarios/as, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso, cando as vivendas constitúan o seu domicilio habitual e permanente, así como ás persoas titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello o compromiso de ocupalas elas mesmas ou transmitilas ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou por calquera outro xeito legal admisíbel, sempre que sexa como residencia habitual.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | Rúa dos Ferreiros nº 28 | 986804335 ext 7593 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.