Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o impreso 412 Comunicación do remate das obras, xunto coa seguinte documentación:
Certificación bancaria do número de conta ao seu nome
De non ter autorizado ao Concello de Pontevedra para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberanse achegar as ditas certificacións de todas as persoas propietarias das vivendas.
Fotografías que mostran todas as obras executadas.
Facturas das persoas provedoras, que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición.
Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas.
Licenza municipal e/ou autorización outorgada para as obras executadas (para o caso de non tela presentado con anterioridade).
Certificado final das obras (de ser o caso), asinado polo/a técnico/a director/a das obras.
Licenza de primeira ocupación, de ser o caso ou solicitude da mesma. No caso de presentar solicitude de primeira ocupación o pagamento da axuda condicionarase á obtención da mesma.
Fotografías en cor da fachada do edificio coa inclusión do cartel exterior coa imaxe corporativa do Plan vivenda e do Ministerio de Fomento, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e do Concello de Pontevedra.
De non ter autorizado ao Concello de Pontevedra, volante de empadroamento de cada un dos propietarios das vivendas obxecto de rehabilitación.
Contrato de arrendamento, de ser o caso.
A persoa solicitante promotora das obras ou a persoa representante
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | Rúa dos Ferreiros nº 28 | 986804335 ext 7593 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.