headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

413 Comunicación do inicio das actuacións de rehabilitación/renovación na Área de Rehabilitación Integral (Plan Estatal de Vivenda 2018-2021)

alertaDende : 12/03/2021 - Ata : 12/03/2026

Mediante este impreso a persoa interesada, comunícalle formalmente á Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello a data do inicio e o prazo de execución das obras obxecto da axuda.

Á persoa solicitante promotora das obras ou a persoa representante.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext. 7593 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220
Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext. 7593
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Oficina técnica de rehabilitación ARI De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o impreso ANEXO V Comunicación do inicio das actuacións, xunto coa seguinte documentación:

  • Certificado do inicio das obras, no caso de que a obra conte con dirección facultativa.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

Dende : 12/03/2021

Ata : 12/03/2026


Volver
Rexistro electrónico