headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

407 Solicitude de visita técnica previa á solicitude de subvención en área de rehabilitación integral

As persoas que pretendan solicitar axudas económicas para obras de rehabilitación de edificios e viviendas no ámbito das ARIs declaradas no Concello (ARI do núcleo de Estribela / ARI do Conxunto Histórico), deberán solicitar, mediante impreso normalizado, unha visita de inspección técnica previa á solicitude de subvención. A visita técnica será efectuada polo persoal técnico da oficina municipal de rehabilitación da área para comprobar o estado da edificación e asesorar ao/á peticionario sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación do inmoble.

Ás persoas usuarias legais, como propierarios/as, comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios, os consorcios e entes asociativos de xestión, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso, cando as vivendas constitúen o seu domicilio habitual e permanente.

ELECTRONICAMENTE


Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)


Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Oficina técnica de rehabilitación ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 ext 7590 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina técnica de rehabilitación ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 ext 7590
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Oficina técnica de rehabilitación ARI De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Cubrir, segundo as instrucións, e presentar a solicitude de visita previa, xunto coa seguinte documentación:

  • Copia do NIF ou NIE (para o caso de solicitude presencial)
  • Acreditación da representación, de ser o caso (para o caso de solicitude presencial, electronicamente solo cabe la presentación en nombre propio)

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Real decreto 106/2018, dó 9 de marzo, polo que que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.
  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Regulamento da Lei xeral de subvencións aprobado polo RD 887/2006, do 21 de xuño.
  • Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa.

Normativa municipal:

  • Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión que tivo lugar o día 17 de setembro de 2004 (BOP núm. 190 do 30/09/2004).
  • Bases de execución dos presupostos y demais normativa de pertinente aplicación.
  • Bases reguladoras econvocatoria das axudas árehabilitación de edificios evivendas naÁrea de Rehabilitación Integral donúcleo de Estribela edo Conxunto Histórico de Pontevedra. (BOP núm. 75 del 17/04/2019).

Dende : 29/12/2017

Ata : 31/12/2020


Volver
Rexistro electrónico