- Modelo de solicitude debidamente cuberto
- Copia do DNI/ NIF ou NIE
- Alta no Imposto de Actividades Económicas e, se é o caso, pago do último recibo.
- No seu caso, escritura de constitución da sociedade profesional ou empresa.
- Certificado de colexiación e habilitación profesional do Colexio ao que pertence.
- Certificado do estado actual da situación laboral ante a Seguridade Social ou outro organismo.
- Certificación acreditativa de atoparse o día no cumprimento das obrigas tributarias coa Facenda Estatal nos termos previstos na normativa vixente en materia de contratación.
- Certificación acreditativa de atoparse o día no cumprimento das obrigas tributarias coa Seguridade Social nos termos previstos na normativa vixente en materia de contratación.
- Certificación acreditativa de non ter débedas de natureza tributaria coa Comunidade Autónomo de Galicia expedida pola Consellería de Economía e Facenda.
- Relación das 5 obras de rehabilitación que considere de maior importancia, cunha breve descrición da mesma, tipoloxía, localización, tipo de intervención profesional, orzamento e ano de execución.
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Os axentes, técnicos de grao superior ou técnicos de grao medio, que, por encargo do promotor, redactan os proxectos, asumen a dirección de obra ou a dirección de execución de conformidade coas disposicións legais vixentes para cada profesión, de acordo coas especialidades e competencias específicas
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | Rúa dos Ferreiros nº 28 | 986804335 ext 7593 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último so válido para persoas físicas) e acceder a tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.