Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

401 Informe de avaliación de edificios

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1877764

Para a finalidade de velar polo bo estado de conservación e uso das edificacións que, ao longo do tempo sofren inevitablemente certos deterioros establécese a obriga xeral de que as edificacións sexan revisadas por técnicos competentes contratados polos propietarios destas, para a finalidade de emitir un informe (IAEd) sobre o bo estado de conservación e uso da edificación, a súa seguridade e as condicións de accesibilidade, xunto coa eficiencia enerxética nas edificacións residenciais colectivas.

O informe de avaliación dos edificios será elaborado segundo o modelo e co contido determinado na normativa autonómica vixente.

A presentación do informe é obrigada en función da antigüidade da construción, e segundo o disposto na propia ordenanza reguladora, concretamente na Disposición adicional primeira, establécense os seguintes prazos:

Tipoloxía edificio Prazo máximo de presentación
Edificacións de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, con antigüidade anterior ao 28 de xuño do 1963 Ata o 30 de decembro do 2023
Edificacións de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, acabadas entre o 29 de xuño de 1963 e o 20 de maio do 1971 Ata o 20 de maio do 2024
Edificacións de tipoloxía residencial de vivenda colectiva con IAED en vigor Antes do 31 de decembro do ano no que se remate a súa vixencia polo transcurso de 10 anos dende a data elaboración do IAEd ou emenda de deficiencias
Edificios declarados BIC, catalogados ou inventariados Ata o 20 de maio do 2024
Edificios de calquera tipoloxía e uso que se cataloguen con posterioridade á entrada en vigor desta modificación da ordenanza O prazo do ano natural seguinte ao da data na que se cataloguen
Edificacións e construcións non catalogadas e con uso e tipoloxía diferente a residencial de vivenda colectiva, construídas antes do 20 de maio do 1971 Ata o 22 de marzo do 2026

O resto de edificios e construcións, de todas as tipoloxías e usos, que teñan cumprido cincuenta anos logo do 20 de maio do 1971 ou trala entrada en vigor desta modificación da ordenanza, deberán achegar o IAEd no prazo máximo de 1 ano a contar dende a data que acaden os referidos cincuenta anos.

O prazo de validez do Informe de avaliación será de 10 (dez) anos.

Non entanto, o informe de avaliación poderá igualmente presentarse con anterioridade ás datas nas que resulta esixible.

Pode descargar o modelo de informe editable premendo no seguinte enlace:

  • Todas aquelas persoas físicas e/ou xurídicas que resulten propietarias dos inmobles. Igualmente, as comunidades de propietarios e as cooperativas con respecto á totalidade da edificación.
  • De igual xeito poderán presentar dito informe de avaliación os inquilinos, aínda sen estar obrigados a iso.

Volver
Rexistro electrónico