Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

801 Solicitude de anulación de domiciliación bancaria

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1847999

Supón a orde, a unha entidade financeira, de impago de adeudos municipais con cargo á conta do solicitante, cando estes tivesen sido autorizados expresamente con carácter previo.

As domiciliacións teñen validez por tempo indefinido, se ben os solicitantes poderán anulalas en calquera momento. Tamén poderán trasladalas a outras entidades financeiras, poñéndoo en coñecemento do Concello de Pontevedra antes da data límite que se sinala no punto "prazo de presentación".

Teña en conta que a domiciliación deixará de ter validez cando sexa anulada pola persoa que o solicitou, pero tamén cando sexa rexeitada pola entidade financeira ou cando o Concello dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas (pola desatención en dúas veces consecutivas da domiciliación por causas imputables ao solicitante), así como cando cambiei calquera dato do suxeito pasivo ou do obxecto tributario.

Prazo de presentación. Estáblecese como data límite para a admisión das solicitudes de desdomiciliación dous meses antes do comezo do período de recadación voluntaria a partir do que producirán efecto. Calquera solicitude presentada fora de prazo producirá efectos para o exercicio seguinte.

  • Solicitude (Mod. 801 Anulación de domiciliación bancaria)
  • Copia do NIF do titular do recibo e no caso de actuar mediante representante, tamén o NIF deste.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico