Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

840 Outorgamento de representación ante o órgano de tesouraría e xestión tributaria

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 2651214

Outorgar a representación nun procedemento no que sexa vostede interesado implica ceder o exercicio que lle corresponde, respecto de cantas actuacións sexan precisas para a instrución do expediente, achegar datos e documentos, recibir comunicacións, formular peticións e solicitudes, interpoñer recursos ou reclamacións, alegar ou decidir non facelo, asinar dilixencias e outros documentos, etc respecto dese procedemento.

Lembre que:

a) Aínda que as xestións as realice o representante, este faino no seu nome e, polo tanto, os efectos das mesmas acaen sobre vostede como interesado.

b) A representación surte efecto respecto do procedemento que teña sinalado no formulario correspondente.

c) Mentres non comunique a este OTXT que revogou a dita representación, esta surtirá efectos sen que poida alegar nada ao respecto no caso de perda de confianza no seu representante.

  • Modelo de solicitude debidamente cumprimentado.
  • Copia do NIF do interesado e do representante.
  • Documento que acredite a representación no caso de representación legal.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico