Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

Solicitude de suspensión do procedemento recadatorio

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA:

Por esta vía pode obterse un acordo do OTXT de suspensión do procedemento recadatorio, sempre que exista un recurso sen resolver no que se discuta a débeda a suspender.

1. Para que o OTXT suspenda o procedemento recadatorio en vía de recurso de reposición, deberá:

- Apreciarse erro aritmético, material ou de feito no acto a revisar.

- Tratarse dunha sanción.

- Noutro caso, deberá inexcusablemente achegarse garantía suficiente en forma de diñeiro efectivo ou valores públicos; aval ou fianza solidaria prestados por entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución; ou fianza persoal e solidaria doutros contribuíntes de recoñecida solvencia.

Lembre que:

a) O importe garantido deberá abranguer o importe da débeda a suspender, recargas devengadas na data da solicitude e os xuros que se devenguen durante a tramitación do procedemento revisor.

b) En vía de recurso de reposición non é posible aceptar ningún tipo de garantía fora das descritas no punto anterior.

c) De ser precisa a achega de garantía, se non o fai acompañando ao escrito de solicitude de suspensión, a solicitude considerarase non realizada a todos os efectos (non cabe emenda).

2. Para que o OTXT suspenda o procedemento recadatorio en vía de reclamación económico-administrativa, deberá:

- Achegar calquera das garantías previstas para o suposto de suspensión en vía de recurso de reposición.

- De non poderse achegar as garantías anteriores, poderá ofrecerse calquera outra. A súa aceptación estará supeditada á valoración de suficiencia e adecuación que o OTXT faga da mesma.

- Solicitude de suspensión independente, simultánea ou posterior, á de interposición do correspondente recurso.

- De precisarse algunha das garantías expresadas no apartado de “recurso de reposición”, deberá achegarse esta.

- De querer ofrecer unha garantía distinta (sempre en vía económico-administrativa), e concretamente de ofrecer garantía hipotecaria, a documentación a achegar será:

a) Xustificación documentada da imposibilidade de obter aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca expedida, dentro do mes anterior á data de presentación da solicitude, ao menos de tres entidades, sempre que unha delas sexa aquela coa que o contribuínte opera habitualmente.

b) Xustificación documentada da imposibilidade de obter certificado de seguro de caución de ao menos tres entidades.

c) Balance de situación da entidade á data da presentación da solicitude.

d) Copia certificada do libro maior de tesouraría na data da solicitude e máis do vencemento da débeda se esta for anterior, cando o solicitante estea obrigado a levar contabilidade.

e) Declaración do solicitante de no ser titular de valores públicos.

f) Valoración actualizada dos bens e dereitos sobre os que, de ser o caso, se constituirá a garantía ofrecida realizada por unha empresa ou profesional debidamente inscrito no Rexistro de taxadores oficiais ou, se non o houber, por perito independente con titulación suficiente.

g) Que posúa a titularidade do 100 % da propiedade en pleno dominio da finca que vaia entregar en garantía . Non se admitirán coeficientes de cotas de participación inferiores ao 100 %. O inmoble que se presente en garantía deberá figurar libre de cargas e gravames que obstaculicen a execución.

Aquelas persoas que estando a debater calquera aspecto relativo a unha débeda mantida co Concello de Pontevedra, desexen suspender o procedemento recadatorio, evitando pagar antes de obter unha resposta ás súas pretensións.


Volver