Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

831-832 Declaración tributaria das taxas de auga, lixo e sumidoiros

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1848046

Este procedemento responde á obriga de presentar ante o concello a correspondente declaración de alta, modificación ou baixa no servizo nos casos en que estas sexan posibles.

Lembre que:

- A baixa tributaria en relación aos servizos de recollida de lixo e máis xestión da rede de sumidoiros, ao estar declarados servizos de recepción obrigatoria, deben acompañarse dunha declaración de ruina do inmoble afectado.

- Para que as declaracións por variacións de orde físico, xurídico ou económico que se produzan nos inmobles ou actividades gravadas pola taxa surtan efecto no bimestre seguinte a aquel no que se produciran, deberán ser declaradas como máximo dentro dos 15 días naturais seguintes á finalización do bimestre.

- Formulario debidamente cuberto

- Formulario debidamente cuberto.

- Copia do NIF do declarante, e se actúa por medio de representante, copia do NIF deste e documento que acredite a representación.

                  1. En caso de alta ou modificación:

Para acreditar a condición de propietario (algún dos seguintes documentos):

- Último recibo do IBI emitido en relación ao inmoble obxecto do servizo ou outro documento que acredite a condición de titular catastral.

- Copia da solicitude de cambio de titularidade catastral presentada ante a Dirección Xeral do Catastro.

- Copia da escritura de compravenda ou de aceptación de herdanza.

- Certificación expedida polo rexistro da propiedade.

Para acreditar a tarifa aplicable:

- Calquera documento que acredite o uso ou destino que se dá ó inmoble obxecto do servizo, tales como certificado de alta ou baixa no censo do Imposto de actividades económicas, licenza de apertura, de primeira ocupación, de obras, ou número de expediente de outorgamento da correspondente licenza.

                  2. En caso de baixa:

- Certificado de declaración de ruína da construción ou documentación acreditativa de que o inmoble adquiriu a condición de soar ou terreo.


Volver
Rexistro electrónico