- Formulario debidamente cuberto
- Formulario debidamente cuberto.
- Copia do NIF do declarante, e se actúa por medio de representante, copia do NIF deste e documento que acredite a representación.
1. En caso de alta ou modificación:
Para acreditar a condición de propietario (algún dos seguintes documentos):
- Último recibo do IBI emitido en relación ao inmoble obxecto do servizo ou outro documento que acredite a condición de titular catastral.
- Copia da solicitude de cambio de titularidade catastral presentada ante a Dirección Xeral do Catastro.
- Copia da escritura de compravenda ou de aceptación de herdanza.
- Certificación expedida polo rexistro da propiedade.
Para acreditar a tarifa aplicable:
- Calquera documento que acredite o uso ou destino que se dá ó inmoble obxecto do servizo, tales como certificado de alta ou baixa no censo do Imposto de actividades económicas, licenza de apertura, de primeira ocupación, de obras, ou número de expediente de outorgamento da correspondente licenza.
2. En caso de baixa:
- Certificado de declaración de ruína da construción ou documentación acreditativa de que o inmoble adquiriu a condición de soar ou terreo.
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Os obrigados a declarar polos supostos indicados coinciden co obrigado ao pago das correspondentes taxas, sendo estes sempre os propietarios dos inmobles afectados.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Inspección tributaria | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7372 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Inspección tributaria | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Normativa municipal: