headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

833-834 Declaración tributaria de ocupación de dominio público

Este procedemento responde á obriga de presentar ante o concello a correspondente declaración que conteña baixas definitivas, cambios de titularidade ou diminucións nos elementos tributarios vinculados a ocupacións de demanio público, e que sexan imprescindibles para practicar a liquidación procedente como consecuencia das ditas ocupacións dos terreos de uso público.

Os tributos afectados pola obrigatoriedade desta declaración son as taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial de terreos de uso público con:

-Postos e barracas

-Mesas e cadeiras

-Valados, puntais, materiais de construción, etc

-Apertura de zanxas, prospeccións e gabias

-Ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública

-Quioscos

-Entradas de vehículos por beirarrúas, así como reservas de vía pública para aparcamento ou carga e descarga.

Lembre que:

- A alta inicial ou modificación á alza dos elementos tributarios require da presentación dunha autoliquidación que non pode realizarse a través deste procedemento.

- O prazo para a presentación destas declaracións é de 5 días naturais dende que se produza a alteración declarada.

Os obrigados a declarar polos supostos indicados serán as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou quen se beneficie do aproveitamento, se aínda non se concedera a oportuna autorización.

Entenderase que se beneficia do aproveitamento, para o caso concreto de ocupacións por:

-Cascallos, valados, estadas, etc, quen materialmente execute a obra

- Entradas de vehículos a través de beirarrúas, os propietarios das fincas e locais ás que dean acceso as ditas entradas.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizos de coordinación e xestión tributaria Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizos de coordinación e xestión tributaria Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Servizos de coordinación e xestión tributaria De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

- Formulario debidamente cuberto.

- Copia do NIF do declarante, e se actúa por medio de representante, copia do NIF deste e documento que acredite a representación.


Normativa municipal:



Volver
Rexistro electrónico