En exención por
a) Vehículo conducido por persoa con discapacidade.
1 Certificado da minusvalía emitido pola Administración competente
2 Copia da póliza do seguro do vehículo onde debe constar que o tomador e condutor habitual é o beneficiario da exención, a data do devengo do imposto (1 de xaneiro de cada ano).
3 Xustificante de pago do seguro do vehículo
4 Declaración xurada do titular minusválido de que o vehículo é para o seu uso exclusivo
b) Vehículo destinado ao transporte de persoa con discapacidade.
1 Certificado da minusvalía emitido pola Administración competente
2 Copia da póliza do seguro do vehículo
3 Xustificante de pago do seguro do vehículo
4 Declaración xurada do titular minusválido de que o vehículo é exclusivamente para o seu transporte
c) Tractor, remolque, semirremolque e maquinaria provista de Cartilla de Inspección agrícola.
1 Copia da cartilla de inspección agrícola
En Bonificación por
a) Vehículo histórico.
1 Acreditación de que o vehículo histórico está catalogado como tal segundo a lexislación vixente
b) Vehículo con antigüidade superior a 25 anos.
1 Acreditación da data de fabricación
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Persoas/organismos que cumpran os requisitos sinalados na normativa de aplicación.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.