headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

806 Solicitude de beneficios fiscais rogados imposto sobre incrementos de valor de terreos de natureza urbana

Por esta vía, pode vostede solicitar a exención ou bonificación no Imposto sobre incremento de valor de terreos de natureza urbana de atoparse en calquera dos supostos seguintes.

- Exención pola transmisión de bens incluídos no perímetro de aplicación do PEPRICA (Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo de Pontevedra) ou declarados de interese cultural.

- Bonificación pola transmisión da vivenda habitual a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendentes e adoptantes.

Persoas/organismos que cumpran os requisitos sinalados na normativa de aplicación.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizos de coordinación e xestión tributaria Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizos de coordinación e xestión tributaria Jofre de Tenorio, 4 baixo 986804300
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Servizos de coordinación e xestión tributaria De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

- Exención pola transmisión de bens incluídos no perímetro de aplicación do PEPRICA (Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo de Pontevedra) ou declarados de interese cultural. Documentación a achegar:

1 Copia do NIF do interesado e, no seu caso, copia NIF do representante, se se actúa mediante tal

2 Orzamento de execución e a xustificación do seu desembolso

3 Certificado final de obras visado polo colexio oficial correspondente, cando este fose obrigatorio.

4 Copia das declaracións liquidacións do IRPF, dos tres períodos impositivos anteriores, dos titulares do inmoble neses períodos impositivos.

- Bonificación pola transmisión da vivenda habitual a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendentes e adoptantes:

1 Copia do NIF do interesado, no seu caso, e copia do NIF do representante, se se actúa mediante tal

2 Copia do libro de familia da unidade familiar

3 Certificado da AEAT de imputación de rendas de todos os membros da unidade familiar

4 Certificado de defunción do causante

5 Listaxe de beneficiarios da herdanza (Anexo 806).

6 Acreditación de ter a condición de vivenda habitual cos correspondentes volantes de empadroamento

As solicitudes de beneficio fiscal deberán presentarse simultaneamente á declaración tributaria presentada nos prazos previstos na ordenanza reguladora deste imposto. A solicitude realizada noutro momento considerarase extemporánea e non producirá efecto.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico