Exencións:
- Centros docentes con concerto educativo.
1 Acreditación da cualidade de centro concertado
2 Informe de Catastro sobre o valor catastral da superficie afectada á ensinanza concertada
- Inmobles declarados de interese cultural.
1 Xustificación da declaración do inmoble como ben de interese cultural
2 Certificación da inserción no rexistro de bens de interese cultural
- Montes repoboados ou con rexeneración de masas arbóreas
1 Certificación da Dirección Xeral de Montes
Bonificacións:
- Obras de promoción inmobiliaria.
1 Copia da licenza municipal de obras ou do proxecto de urbanización
2 Copia do último recibo do IAE ou certificación da AEAT de que o beneficiario se atopa non suxeito ou exento
3 Copia do título de propiedade do inmoble
4 Copia do último recibo do IBI ou declaración de alteración de bens
5 Balance de situación pechado a 31 de decembro do exercicio inmediato anterior
6 Certificado do director técnico das obras visado polo colexio oficial competente que acredite o inicio das mesmas
- Vivenda de protección autonómica.
1 Cédula de cualificación definitiva de vivenda de protección oficial expedida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
2 Copia do título de propiedade do inmoble
3 Copia do último recibo do IBI ou declaración de alteración de bens
- Ben rústico de cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.
1 Acreditación de que o ben rústico pertence a cooperativa agraria e de explotación comunitaria da terra
- Familia numerosa.
1 Acreditación da condición e categoría de familia numerosa
2 Acreditación de empadroamento do suxeito pasivo
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Persoas/organismos que cumpran os requisitos sinalados na normativa de aplicación.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Normativa municipal: