Solicitude do titular da licenza conforme desexa a contratación dun condutor asalariado así como manifestación da vontade de ser contratado por parte do aspirante.
Xustificante pago de taxas.
Fotocopia do NIF e carné de conducir da persoa aspirante.
Certificado médico conforme non se padece enfermidade infectocontaxiosa ou impedimento fisico que imposibilite ou dificulte o normal exercicio da profesión da persoa aspirante
Fotografía tamaño carné da persoa aspirante
Declaración xurada de dedicación exclusiva por parte da persoa aspirante.
Certificado de non ter antecedentes penais da persoa aspirante (no caso de non autorizar ao Concello á consulta, deberá achegar o certificado de non ter antecentes penais)
Unha vez superado o exame e previa á resolución pola que se expida o Permiso Municipal de Conducir, se deberá achegar:
Contrato de traballo a tempo completo .
Xustificación da alta na Seguridade Social.
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Titulares de licenza de taxi e condutores asalariados que desexen explotar a dita licenza de forma conxunta.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Sección de servizos compartidos | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7200 |
Oficina | Horario | |
Sección de servizos compartidos | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.