Solicitude.
Xustificante do pagamento da taxa.
Fotocopia do DNI, carné de conducir e permiso municipal de conducir.
Certificado médico conforme non se padece enfermidade infectocontaxiosa ou impedimento fisico que imposibilite ou dificulte o normal exercicio da profesión.
Vida laboral.
Fotografía tamaño carné.
Certificado de non ter antecedentes penais.*
* O certificado de non ter antecedentes penais expídese por parte do Ministerio de Xustiza. A Xerencia Territorial deste Ministerio máis próximo é na Coruña (Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 1 – 1º B – 15005 – A Coruña – Tlf. 981 246 231), tamén pódese solicitar a través de calquera órgano da administración xeral do Estado (Subdelegación do Goberno). No caso de non achegar este documento o concello solicitará a súa expedición sempre que conte coa autorización expresa do interesado, neste caso o solicitante deberá autorizar ao Concello a solicitude deste documento.
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Os titulares de licenzas en activo e aos seus condutores asalariados.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Sección de servizos compartidos | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7200 |
Oficina | Horario | |
Sección de servizos compartidos | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".