headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

630 Procedemento para a inscrición de animais potencialmente perigosos no Rexistro Municipal

En cada Concello existirá un Rexistro de Animais Potencialmente Perigosos clasificado por especies, no que necesariamente constarán, polo menos, os datos persoais do posuidor, lugar habitual de residencia deste, especificando se o animal está destinado a convivir con seres humanos ou se pola contra ten finalidades distintas como a garda, protección ou outra que se indique.

Os propietarios de animais potencialmente perigosos

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Sección de servizos compartidos Praza da Verdura s/n 986804300 EXT 7200 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Sección de servizos compartidos Praza da Verdura s/n 986804300 EXT 7200
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Sección de servizos compartidos De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
  • Copia do impreso oficial, facilitado polo veterinario actuante, no que figure o código asignado e a implantación do microchip no animal
  • Xustificación da subscrición e formalización para cada animal dun seguro de responsabilidade civil, a nome do solicitante, onde se especifique claramente que cada animal ten unha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberase renovar anualmente. Acreditarase mediante presentación de fotocopia da póliza de seguros ou ben mediante certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente, achegándose tamén fotocopia do recibo de pagamento do ano en curso.
  • Certificado veterinario de castración ou esterilización, de ser o caso

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos.
  • Real decreto 287/2002, de 22 de marzo de desenvolvemento da Lei 50/1999.
  • Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia

Volver
Rexistro electrónico