headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

630 Solicitude de licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos

A tenza de calquera animal clasificado como potencialmente perigoso requirirá a previa obtención dunha licenza administrativa, que será outorgada polo Concello de residencia do solicitante.

Os propietarios e posuidores de animais considerados como potencialmente perigosos.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de secretaría e asuntos xerais Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7240 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de secretaría e asuntos xerais Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7240
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Servizo de secretaría e asuntos xerais De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
  • Certificado de non ter antecedentes penais. Con obxecto de acreditar que non foi condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a libertade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos.

(Lugar de obtención do certificado: Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza –teléfono de información: 981-24.62.31-. Tamén se poderá solicitar a través de Subdelegación de Goberno sita na praza de España. No caso de non achegar este documento o solicitaría este Concello, sempre contando coa súa autorización expresa)

  • Certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves da Lei 50/1999, do 23 de decembro. con algunhas das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13.

(Lugar de obtención do certificado: Delegacións Territoriais da Xunta de Galicia)

  • Certificado orixinal de capacidade física do titular do animal potencialmente perigoso expedido por centro de recoñecemento debidamente autorizado.
  • Certificado de aptitude psicolóxica para a tenza de animais potencialmente perigosos expedido por centro de recoñecemento debidamente autorizado.
  • Copia do DNI.
  • Fotografía tamaño carné.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos.
  • Real decreto 287/2002, de 22 de marzo de desenvolvemento da Lei 50/1999.
  • Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

Volver
Rexistro electrónico