Solicitude de casamento.
Documento acreditativo do pago da taxa correspondente (81,73€).
Fotocopia do DNI dos contraentes.
Fotocopia do DNI de dúas testemuñas maiores de idade que deberán estar presentes na cerimonia.
Relación de datos de matrimonio civil, expedida polo Rexistro Civil
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Parellas que queiran celebrar o seu matrimonio civil no Concello de Pontevedra
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Gabinete da alcaldía | Michelena, 30 3º | 986100185 ext 7104;7105;7103 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Gabinete da alcaldía | De luns a venres de 10:00 a 13:30 |
Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Pontevedra non hai que estar empadroado no concello, pero é necesario:
O Enderezo do Rexistro Civil de Pontevedra é: Rúa Francisco Tomás y Valiente, s/n; 36004 Pontevedra (Tlf. do Rexistro Civil: 986 805 767).
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último so válido para persoas físicas) e acceder a tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE
Nas oficinas de rexistro, na dirección e horario que se indica abaixo, no apartado chamado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Data
Pódese elixir día e hora chamando ao teléfono 986 100 185 ou ben acudindo ao Gabinete de Alcaldía do Concello en horario laboral durante a semana, agás os venres. A data reservarase durante tres semanas, se neste prazo non se presentase a solicitude a reserva quedará sen efecto.
A documentación necesaria deberá presentarse polo menos 10 días antes da voda.
Horario
As cerimonias de matrimonio civil no Concello de Pontevedra teñen unha duración aproximada de 15 a 20 minutos e realizanse no salón vermello do Pazo de Mugartegui os venres pola tarde e os sábados. Con carácter excepcional, as vodas que se celebren durante a semana faranse na Alcaldía ou na sala de comisións do Concello, na rúa Michelena, 30.
As cerimonias poden realizarse:
Organización
Para unha mellor organización da cerimonia deberase chamar ao teléfono 986 100 185, extensión 7102, unha semana antes da voda, para indicar:
Para ver Fotografías do Pazo de Mugartegui prema aquí.