Solicitude (Mod. 865 Solicitude de adhesión ao Sistema Especial de Pagos no IBIU)
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Ás persoas físicas e xurídicas titulares de inmobles situados no Concello de Pontevedra que estean suxeitos ao imposto sobre bens inmobles e que cumpran cos seguintes requisitos:
1) O suxeito pasivo non terá débedas co concello de Pontevedra no momento da presentación da solicitude, é dicir, non poderá ter débedas en vía executiva co Concello.
2) Os pagos deste fraccionamento especial satisfaranse por domiciliación bancaria.
3) Formularase solicitude expresa antes do 1 de xaneiro do exercicio anterior no impreso correspondente.
4) A solicitude afectará a todos os recibos de IBI urbana a nome do mesmo titular, sen que as posibles discrepancias catastrais neste extremo sexan recorribles ante o Concello nin alegables a efectos de acollimento neste sistema.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Deberanse encher correctamente os vintecatro díxitos do IBAN da conta bancaria onde se domiciliarán os pagos e achegar xustificante acreditativo da titularidade da conta (certificado da entidade bancaria, extracto bancario, etc) .