- Solicitude (Mod 870 Solicitude de devolución de ingresos indebidos)
- Deberá achegar xustificante de pago do recibo ou liquidación da que solicita a devolución, debendo obrar no expediente o documento orixinal, facéndolle entrega, no seu caso, de resgardo conforme entregou dita documentación.
- Se a solicitude ou a documentación presentada tiveran algún defecto, ou non se achegara toda a documentación precisa, concederase ao interesado o prazo de dez días para que emende as deficiencias, advertíndolle que transcorrido ese prazo sen que o faga, arquivarase a solicitude sen máis trámites.
- Se a persoa solicitante da devolución é:
a) o suxeito pasivo do tributo: Deberá achegar a documentación acreditativa das manifestacións formuladas polo solicitante da devolución.
b) persoa distinta do suxeito pasivo:
-Xustificante /s de pago.
-Xustificante acreditativo da titularidade da conta bancaria na que, no seu caso, se procederá a efectuar a devolución por transferencia.
-E, no caso de que o pago se fixera mediante tarxeta, achegará xustificante acreditativo da titularidade da tarxeta e núm. da tarxeta coa que se efectúo o pago.
- Nos supostos de falecemento do suxeito pasivo:
-Declaración de herdeiros.
-Certificado de defunción.
-Renuncia, no seu caso, de un ou varios herdeiros a favor de outro/s e copia do NIF de todos eles.
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Á persoa obrigada ao pagamento, a cal poderá actuar por medio de representante
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Tesouraría e recadación | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7335 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Tesouraría e recadación | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
O prazo de presentación desta solicitude será o prazo de prescrición: Prescribirán aos catro anos os dereitos a solicitar e a obter as devolucións de ingresos indebidos. O dereito a solicitalas contarase desde o día seguinte a aquel en que se realizou o ingreso indebido ou desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar a autoliquidación se o ingreso indebido se realizou dentro do devandito prazo. O dereito a obtelas contarase dende o día seguinte á data de notificación do acordo onde se recoñeza o dereito a percibir a devolución.
Normativa muncipal: