Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

870 Solicitude de devolución de ingresos indebidos

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1848302

Procedemento para o recoñecemento do dereito á devolución de ingresos indebidos iniciado a solicitude do interesado ou de oficio pola administración, nos supostos de pagos duplicados ou excesivos ou por pagos de débedas xa prescritas.

- Solicitude (Mod 870 Solicitude de devolución de ingresos indebidos)

- Deberá achegar xustificante de pago do recibo ou liquidación da que solicita a devolución, debendo obrar no expediente o documento orixinal, facéndolle entrega, no seu caso, de resgardo conforme entregou dita documentación.

- Se a solicitude ou a documentación presentada tiveran algún defecto, ou non se achegara toda a documentación precisa, concederase ao interesado o prazo de dez días para que emende as deficiencias, advertíndolle que transcorrido ese prazo sen que o faga, arquivarase a solicitude sen máis trámites.

- Se a persoa solicitante da devolución é:

a) o suxeito pasivo do tributo: Deberá achegar a documentación acreditativa das manifestacións formuladas polo solicitante da devolución.

b) persoa distinta do suxeito pasivo:

-Xustificante /s de pago.

-Xustificante acreditativo da titularidade da conta bancaria na que, no seu caso, se procederá a efectuar a devolución por transferencia.

-E, no caso de que o pago se fixera mediante tarxeta, achegará xustificante acreditativo da titularidade da tarxeta e núm. da tarxeta coa que se efectúo o pago.

- Nos supostos de falecemento do suxeito pasivo:

-Declaración de herdeiros.

-Certificado de defunción.

-Renuncia, no seu caso, de un ou varios herdeiros a favor de outro/s e copia do NIF de todos eles.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico