-Solicitude [Para a presentación presencial cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado. Mod. 830 declaración tributaria do IIVTNU (plusvalía)]
-Copia simple notarial ou fotocopia da escritura ou documento que orixine a transmisión
-Fotocopia do último recibo do IBI (no caso de non encher a casiña destinada á referencia catastral)
-Copia do título da anterior transmisión do inmoble ou dos terreos no que estea situado, caso de que a dita data non conste no título de escritura ou documento que orixine a transmisión actual. No caso de que non se xustifique a anterior transmisión, este imposto liquidarase polo período máximo, 20 anos.
-Identificación das partes:
Persoas xurídicas: fotocopia do NIF e documentación que acredite a representación, e copia do NIF do representante.
Persoas físicas: fotocopia do NIF.
Ademais, no caso de sucesión mortis causa:
-Copia do modelo 650 do Imposto sobre sucesións e doazóns, e do seu anexo de relación de bens.
Pode descargar o modelo de solicitude e os seus anexos en formato editable premendo no seguinte enlace:
O obrigado ao pagamento que será:
a.Nas transmisións inter vivos a título oneroso, o suxeito pasivo será sempre o transmitinte, con independencia de calquera pacto estipulado na escritura pública.
b.Nas transmisións inter vivos a título gratuíto, o suxeito pasivo será sempre o adquirente, con independencia de calquera pacto estipulado na escritura pública.
c.Nas transmisións mortis causa, o suxeito pasivo é o herdeiro, legatario ou a comunidade de herdeiros.
d.Substituto do contribuínte: nas transmisións a título oneroso, se o transmitinte é unha persoa física non residente en España, o adquirente é o substituto do contribuínte.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizos de coordinación e xestión tributaria | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Prazo de presentación da declaración:
-Cando se trate de actos inter vivos, trinta días dende a data de transmisión da propiedade do terreo ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreo.
-Cando se trate de actos mortis causa, seis meses prorrogables a un ano a solicitude do suxeito pasivo, dende a data de transmisión da propiedade do terreo ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreo.
Normativa municipal: