headerheader-400header-800
Volver

137 Procedemento para a renovación de estranxeiros

A inscrición no Padrón Municipal só xurdirá efecto de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local polo tempo que subsista o feito que a motivou e, en todo caso, deberá ser obxecto de renovación periódica cada dous anos cando se trate da inscrición de estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia permanente.

Os estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia permanente.

PRESENCIALMENTE

Nas oficinas de rexistro, na dirección e horario que se indica abaixo, no apartado chamado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Sección de servizos compartidos Praza da Verdura s/n 986804300 EXT 7200 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Sección de servizos compartidos Praza da Verdura s/n 986804300 EXT 7200
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Sección de servizos compartidos De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
  • Solicitude de renovación da inscrición padroal.
  • Fotocopia do documento de identificación (tarxeta residencia ou pasaporte)
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
  • Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das entidades locais

Volver