headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

147 Solicitude de certificados de empadroamento

O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. As certificacións que se expidan dos datos do padrón terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos

Todos os veciños e veciñas de Pontevedra

CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO INDIVIDUAL OU COLECTIVO (DE CONVIVENCIA)

ELECTRONICAMENTE (trámite gratuíto)

Previa identificación electrónica por calquera dos métodos admitidos polo sistema cl@ve (certificado electronico, DNIe, cl@ve pin ou cl@ve permanente) ou con usuario e contrasinal expedido polo propio Concello de Pontevedra, accedendo ao apartado Padron de habitantes do menú as miñas xestións.

Dende este apartado poderá obter un volante ou un certificado de empadroamento individual ou colectivo de forma gratuíta.

PRESENCIALMENTE (trámite suxeito a taxa)

Nas oficinas do Padrón de habitantes, no enderezo e horario indicado máis abaixo para “Oficinas de tramitación e presentación”, previo abono da taxa correspondente nas propias oficinas.

OUTROS CERTIFICADOS RELATIVOS AO EMPADROAMENTO

ELECTRONICAMENTE (trámite suxeito a taxa)

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesaria achegar de ser o caso (xustificante de abono da taxa correspondente). Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

PRESENCIALMENTE (trámite suxeito a taxa)

Nas oficinas de Padrón de habitantes, no enderezo e horario que se indica máis abaixo para “Oficinas de tramitación e presentación”, previo abono da taxa correspondente nas propias oficinas

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Sección de servizos compartidos Michelena, 30 andar 0 986804300 EXT 7200 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Presentación Sección de servizos compartidos Michelena, 30 andar 0 986804300 EXT 7200 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Sección de servizos compartidos Michelena, 30 andar 0 986804300 EXT 7200
Sección de servizos compartidos Michelena, 30 andar 0 986804300 EXT 7200
Oficina Horario
Sección de servizos compartidos De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Sección de servizos compartidos De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Para o caso de outros certificados relativos ao empadroamento

  • Solicitude de certificado de empadroamento
  • Xustificante de aboamento da taxa correspondente

Para recoller o certificado por persoa autorizada

  • Fotocopias dos DNI, tarxetas de residencia ou pasaportes do/a interesado/a e do/a autorizado/a para recoller o certificado, no seu caso.
Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
  • Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.

Volver
Rexistro electrónico