Para o caso de outros certificados relativos ao empadroamento
Para recoller o certificado por persoa autorizada
Todos os veciños e veciñas de Pontevedra
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Sección de servizos compartidos | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7200 |
Sección de servizos compartidos | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7200 |
Oficina | Horario | |
Sección de servizos compartidos | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 | |
Sección de servizos compartidos | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO INDIVIDUAL OU COLECTIVO (DE CONVIVENCIA)
ELECTRONICAMENTE (trámite gratuíto)
Previa identificación electrónica por calquera dos métodos admitidos polo sistema cl@ve (certificado electrónico, DNIe, cl@ve pin ou cl@ve permanente) ou con usuario e contrasinal expedido polo propio Concello de Pontevedra, accedendo ao apartado Padron de habitantes do menú as miñas xestións.
Dende este apartado poderá obter un volante ou un certificado de empadroamento individual ou colectivo de forma gratuíta.
PRESENCIALMENTE (trámite suxeito a taxa)
Nas oficinas do Padrón de habitantes, no enderezo e horario indicado máis abaixo para “Oficinas de tramitación e presentación”, previo abono da taxa correspondente nas propias oficinas.
OUTROS CERTIFICADOS RELATIVOS AO EMPADROAMENTO
ELECTRONICAMENTE (trámite suxeito a taxa)
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesaria achegar de ser o caso (xustificante de abono da taxa correspondente). Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
PRESENCIALMENTE (trámite suxeito a taxa)
Nas oficinas de Padrón de habitantes, no enderezo e horario que se indica máis abaixo para “Oficinas de tramitación e presentación”, previo abono da taxa correspondente nas propias oficinas