Nota: Prégase que as fotocopias sexan en tamaño A4 e por unha soa cara.
Instrucións para cumprimentar a solicitude:
- Indique con claridade todos os datos que corresponden a cada unha das persoas que se inscriben na folla.
- Non cubra os espazos sombreados.
- No cadro “Tipo de alta” deberá por:
No caso de que a presentación da solicitude se realice electronicamente deberase imprimir o formulario, cubrilo e asinalo por todas as persoas maiores de idade que solicitan o cambio de domicilio no Padrón, a continuación a persoa que realiza a presentación electrónica identificarase na sede a través dos sistemas indicados no apartado "Como facelo", con esta presentación a persoa está declarando que todos os datos contidos na solicitude son certos.
Para descargar la solicitud pulse en el siguiente enlace:
Toda persoa que resida en España ten o dereito e a obriga de empadroarse no municipio onde resida habitualmente.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Sección de servizos compartidos | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7200 |
Sección de servizos compartidos | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7200 |
Oficina | Horario | |
Sección de servizos compartidos | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 | |
Sección de servizos compartidos | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último so válido para persoas físicas) e acceder a tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE
Nas oficinas de rexistro, na dirección e horario que se indica abaixo, no apartado chamado “Oficinas de tramitación e presentación”.