headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

155 Solicitude de información sobre Asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

O Rexistro Municipal de Asociacións ten por obxecto permitir ó Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilita-las relacións entre estas e o Concello, coñecer os seus fins e a súa representatividade e peso específico, para os efectos de posibilitar o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.

Persoas interesadas en coñecer datos relativos a inscrición de determinada/s asociación/s no rexistro municipal.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de secretaría e asuntos xerais Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7240 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de secretaría e asuntos xerais Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7240
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Servizo de secretaría e asuntos xerais De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
  • Solicitude de información na que se acredite o interese para o solicitante da información concreta solicitada
  • Xustificante de aboamento da taxa que corresponda segundo a información solicitada (que se achegará no momento en que se entregue a documentación)

Para expedición de documentación é requisito o pagamento dunha taxa que se comunicará ao interesado con caracter previo á posta a disposición da información unha vez determinada con exactitude o volume e características da información solicitada segundo a ordenanza fiscal reguladora

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico