headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

150 Solicitude de inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións

O Rexistro Municipal de Asociacións ten por obxecto permitir ó Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilita-las relacións entre estas e o Concello, coñecer os seus fins e a súa representatividade e peso específico, para os efectos de posibilitar o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.

Unha vez inscritas, as entidades teñen a obriga de actualizar os seus datos no Rexistro, notificando cantas modificacións se producisen no prazo máximo dun mes. En todo caso, cada ano as asociacións actualizarán os seus datos e achegarán certificación do número de socios. Así mesmo, no último trimestre do ano presentarán unha memoria onde constará, como mínimo, a relación de actividades realizadas e o balance económico do exercicio e da súa aplicación, máis o programa de actividades e orzamento para o ano seguinte. En caso de incumprimento destas obrigas suporá a apertura do correspondente expediente que poderá dar lugar á baixa da entidade no Rexistro municipal de asociacións, coa correspondente perda dos dereitos que da súa inscrición se derivan.


Entidades, legalmente constituídas, de funcionamento democrático e sen ánimo de lucro, das cales o marco territorial de actuación sexa o Concello de Pontevedra, e que teñan como obxecto fundamental a defensa, fomento e mellora dos intereses xerais ou sectoriais dos cidadáns

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sin personalidad jurídica, profesionales sometidos a colegiación obligatoria, notarios y registradores de la propiedad y mercantiles) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.


Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de secretaría e asuntos xerais Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7240 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de secretaría e asuntos xerais Michelena, 30 1º 986804300 EXT 7240
Oficina Horario
Servizo de secretaría e asuntos xerais De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
  • Solicitud de inscripcion.
  • Estatutos de la entidad
  • Número de inscripción en el Registro General de Asociaciones o en otros registros públicos
  • Datos de identificación de las personas que ocupan cargos directivos.
  • Domicilio social y cédula de identificación fiscal.
  • Presupuestos del año en curso
  • Programa de actividades del año en curso
  • Certificación del número de socios.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico