Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

150 Solicitude de inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1848315

O Rexistro Municipal de Asociacións ten por obxecto permitir ó Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilita-las relacións entre estas e o Concello, coñecer os seus fins e a súa representatividade e peso específico, para os efectos de posibilitar o fomento do asociacionismo e a participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.

Unha vez inscritas, as entidades teñen a obriga de actualizar os seus datos no Rexistro, notificando cantas modificacións se producisen no prazo máximo dun mes. En todo caso, cada ano as asociacións actualizarán os seus datos e achegarán certificación do número de socios. Así mesmo, no último trimestre do ano presentarán unha memoria onde constará, como mínimo, a relación de actividades realizadas e o balance económico do exercicio e da súa aplicación, máis o programa de actividades e orzamento para o ano seguinte. En caso de incumprimento destas obrigas suporá a apertura do correspondente expediente que poderá dar lugar á baixa da entidade no Rexistro municipal de asociacións, coa correspondente perda dos dereitos que da súa inscrición se derivan.


  • Solicitud de inscripcion cos seus anexo
  • CIF da entidade e enderezo social
  • Estatutos da entidade
  • Núm. de rexistro do censo da Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia, ou no seu caso, da Subdelegación do Goberno
  • Certificado do/a secretario/a da entidade (co visto bo do/a presidente/a) nomeando á actual xunta directiva (anexo 1)
  • Certificado do/a secretario/a da entidade sobre o núm. de socios e socias e do orzamento anual (anexo 2)
  • Programa de actividades do ano en curso (anexo 3)

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico