Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

Solicitude de emisión de certificados relacionados co Servizo de Persoal

alertaTramitable todo o ano

Procedemento para a emisión de certificados, documentos de constancia relativos a feitos e datos recollidos na documentación que obra no Servizo de Persoal e que os solicitantes poden facer valer ante outras administracións ou organismos públicos ou ben en relacións xurídico-privadas.

Xeralmente, os certificados a emitir son os seguintes:

CERTIFICADO DE PARTICIPACIÓN/SUPERACIÓN DE PROCESOS SELECTIVOS

CERTIFICADO DE SERVIZOS PRESTADOS

CERTIFICADO DE SERVIZOS MODELO OFICIAL (ANEXO RD 1982)

CERTIFICADOS DE FUNCIÓNS REALIZADAS NA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

CERTIFICADO DE SER EMPREGADO PÚBLICO

  • Solicitude achegada pola persoa interesada (ou representante) na que se debe concretar o tipo de certificado a expedir e os datos cuxa certificación se solicita
  • Documento acreditativo do aboamento íntegro da taxa municipal pola emisión de certificados establecida na ordenanza fiscal municipal

Todos aqueles (empregados públicos municipais, cidadáns ou entidades públicas) que solicitan a certificación de feitos ou datos que obran no Servizo de Persoal.


Volver