Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

157 Aceptación da oferta de nomeamento de persoal funcionario interino ou contratación laboral temporal

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 2629317

Procedemento para levar a efecto nomeamentos de persoal funcionario interino ou para contratar persoal laboral con carácter temporal con cargo aos membros das listas de reserva aprobadas tras a celebración dos oportunos procesos selectivos.

A forma de notificar a oferta, os prazos de aceptación ou renuncia así como as súas consecuencias, recóllense para cada caso nas bases reguladoras do proceso selectivo en virtude do cal se dita a mesma resolución de aprobación de lista de reserva.

-Escrito de aceptación da oferta de nomeamento interino ou de contratación laboral temporal (modelo 157)

Achegarase a documentación que se lle requira polo Servizo de Persoal, que con carácter xeral é a seguinte:

  • DNI
  • Título esixido nas bases do proceso selectivo celebrado para formar parte da lista de reserva, ou do xustificante de ter aboados os dereitos para a súa expedición.
  • Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
  • Cartilla de afiliación á Seguridade Social.
  • Datos bancarios para a percepción de haberes
  • Impreso de datos para a práctica de retencións do IRPF (modelo 145)
  • Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio dos servizos a realizar
  • Autorización, no caso de nomeamento ou contratación para postos cuxas función impliquen contacto habitual con menores, para que o Concello de Pontevedra poida recadar información do Rexistro central de delitos sexuais, a través da Plataforma de intermediación de datos (en cumprimento do artigo 3.5l a LO 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección do menor, modificado pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección da infancia e da adolescencia).



Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico