De ser preceptivo PROXECTO :
De non ser preceptivo PROXECTO (OBRAS MENORES):
Persoas ou entidades que vaian exercer unha actividade económica nun local e/ou abrir un establecementos comercial, profesional ou industrial e precisen executar obras de acondicionamento e instalación previas
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7500 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
O comunicante declarará baixo a súa responsabilidade:
- que conta cos informes sectoriais preceptivos conxuntamente con todos os que sexan necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade
- que cumprirá cos requisitos normativamente esixidos e manterá todas as medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período a el inherente e que ao tratarse dunha actividade continuada, se acomodará ás esixencias derivadas da nova normativa que vaia entrando en vigor, previa obtención das preceptivas licenzas ou presentación das correspondentes comunicacións previas que, segundo o caso, resulten necesarias para tal finalidade
- que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reunen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico
- que se compromete a non inciar as obras/instalacións ata o transcuso de 15 días hábiles seguintes ao da presente comunicación coa documentación completa sen que se reciba notificación por parte desta administración que requira a emenda de deficiencias ou declare a infeficacia da comunicación
- que unha vez rematadas as obras/instalacións e antes da posta en funcionamento, presentará a Comunicación Previa para o inicio da actividade á que xuntará certificado final de obra asinado por técnico competente e, no seu caso, vidado colexialmente. O referido certificado acreditará, de ser procedente, que coas instalacións ou obras de acondicionamento executadas non se menoscaba o cumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, o Código Técnico da Edificación, a normativa reguladora da protección contra incencios, o Regulamento electromagnético para baixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminación acústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e normativa sanitaria, como que o establecemento cumpre coas determinacionscontidas nas Ordenanzas e Regulamentos Municipais e no Plan Xeral de Ordenación Urbana e, no seu caso, o cumprimento do artigo 5 da lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, ou norma que o substitúa
Transcorrido o prazo de 15 días hábiles desde a súa presentación, a Comunicación Previa achegada cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo ou subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello respectivo