Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

510 Solicitude de licenza de apertura sen obras

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1997764

Tramitación para o outorgamento de licenza municipal de apertura de establecemento público e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas nun local, suxeitas a este réxime de intervención municipal previa

En todo caso:

  • Solicitude (Mod 510) debidamente cuberta

  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante

  • Escritura da sociedade ou documento de constitución e regulación da persoa xurídica de que se trate

  • Documento acreditativo da representación expresa para este acto (se procede)

  • Xustificante do ingreso da autoliquidacion da taxa que corresponda

  • Escritura de propiedade ou contrato de aluguer do local

  • Proxecto técnico completo asinado por persoal técnico competente e, no seu caso, visado polo colexial correspondente que incluirá memoria da actividade, xustificación da normativa sobre prevención e seguridade en materia de incendios e sobre edificación, prevención e control ambiental que sexan de aplicación.

  • Documento acreditativo da designación por quen solicite a licenza, da persoa que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do establecemento á licenza outorgada, debendo constar o nome, enderezo, titulación e habilitación profesional da persoa designada

  • Plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen ao anterior proxecto citado

  • Declaración da persoa titular ou organizadora, se é o caso, onde faga constar o compromiso de contratación dos seguros previstos na lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia

  • Documentación requirida pola normativa sobre ruídos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades a desenvolver nel

  • Copia das autorizacións, informes ou rexistros sectoriais que resulten preceptivos

  • Referencia exacta ao título xurídico habilitante que ampare as obras do acondicionamento existente ou a apertura anterior




Volver
Rexistro electrónico