En todo caso:
Formulario de solicitude (mod. 502)
NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
Escritura da sociedade ou documento de constitución e regulación da persoa xurídica de que se trate
Documento acreditativo da representación expresa para este acto (se procede)
Xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa que corresponda
Certificado final de obra acreditativo da efectiva e completa finalización das obras, subscrito por persoa/s técnica/s competente/s, visado polo colexio profesional cando así o esixa a normativa vixente ou identificación exacta do expediente no que se atope
Documentación xustificativa da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora: boletíns/certificados de rexistro na Consellería correspondente, cos códigos (IBT, AC, RAE,…) das instalacións executadas (saneamento, calefacción, climatización, electricidade, gas, fontanería, contra incendios, ascensores, pararraios,...)
Cando proceda:
Acordo de aceptación da/s cesión/s e da obra ordinaria de urbanización executada ou identificación exacta do expediente no que se atope
Planos/documentación do estado definitivo das obras asinados por persoal técnico competente e co visado colexial correspondente, para o caso de se teren introducido modificacións non substanciais na execución das obras
Informe de ensaio acústico elaborado por empresa homologada que xustifique que se cumpre cos illamentos acústicos esixidos na edificación, de acordo co disposto no art. 10 do Decreto 106/2015, de 9 de xullo
Fotografía/s da/s fachada/s da edificación
Boletín da instalación da infraestrutura común de telecomunicacións e xustificante da súa presentación na xefatura provincial de Telecomunicacións do Ministerio de Industria
Certificado final da instalación da infraestrutura común de telecomunicacións e xustificante da súa presentación na xefatura provincial de Telecomunicacións do Ministerio de Industria
Certificación emitida pola empresa subministradora dos servizos públicos da axeitada execución das acometidas das redes de subministros, no seu caso
Certificación/s do Rexistro da Propiedade sobre anotacións de indivisibilidade, condicións especiais da licenza de obra, etc.
Persoas ou entidades que pretendan a obtención da primeira ocupación dunha edificación sita dentro do termo municipal de Pontevedra.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7500 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.